|
|
---|---|
Análise crítica da proposta de modificación do Currículo de |
|
http://www.efdeportes.com/ Revista Digital - Buenos Aires - Año 8 - N° 48 - Mayo de 2002 |
3 / 3
Nesta fase tamén se trabalharán aspectos de iniciación relacionados co ritmo (suponse que este trabalho xa se levou a cabo en primaria, e pode ser que non sexa preciso volver a trabalhalo de forma específica, máis non deberíamos de olvidarnos del e relacionar os traballos descritos con anterioridade con traballos que conleven soporte musical e experimentación e toma de conciencia dos propios ritmos). Importante trabalhar nesta fase a idea de corpo como fonte de ritmos. No trabalho de ritmo daranse a conhecer e/ou descubriranse os diferentes ritmos propios da nosa comunidade.
2. Expresión
Dentro da fase que nós denominamos expresión, encontrariamonos como obxetivo principal o de descubrir a necesidade de expresar e as posibilidades múltiples de expresión a través da motricidade.
O contido que desenvolveremos para acadar os obxectivos é o que denominamos como movimento espontáneo. Partindo do concepto de expresión, entendido como un estímulo que exerza umha presión sobre o individuo para exteriorizar "algo" que reside no seu interior. A partir da expresión corporal, ofréceselle ao individuo diferentes estímulos para provocar este proceso expresivo, tendo como resultado visíbel o movemento espontáneo. Estos estímulos poden ser de diferente índole; a través de umha imaxe, un olor, umha música, un recordo, umha emoción, un obxeto,etc. Nesta fase trabálhase a forma de facilitar a emisión da resposta expresiva.
Esto concretaríase en propostas nas que partindo dun estímulo como os anteriormente citados, se incita ao suxeito a que exteriorice motrizmente o que ese estímulo prévio lhe provoca. Por exemplo, o estímulo ofrecido poderia ser un fragmento poético, e a partir dese fragmento, o individuo expresase corporalmente o que o poema lhe suscitaba.
Respecto ao trabalho de ritmo tamén se sigue na línea da fase anterior pero comézase a facer actividades e tarefas a través da metodoloxia de descubrimento de situacións de trabalho en equipo que leven á construcción de coreografías. Este tipo de trabalho non ten por que ser únicamente trabalho do individuo aislado poden introducirse obxectos ou calquera elemento que o profesor ou profesora consideren axeitados.
Comezarase nesta fase a trabalhar aspectos básicos relacionados coas danzas tradicionais.
3. A comunicación
A fase da comunicación a diferenciamos da expresión, en canto que se considera que a comunicación é o resultado de expresar con intención, na búsqueda de transmitir umha mensaxe, (Santiago, 1985). Nesta fase se pretende adquirir uns códigos que faciliten organizar a espontaneidade do xesto expresivo, para convertirlo nun xesto comunicativo, comprensibel para o receptor.
O obxectivo nesta fase é trasmitir umha mensaxe, que sexa comprendida polo receptor, polo tanto, deberemos utilizar o mesmo código, xa que do contrário, o noso obxectivo non se verá cumprido.
Neste nível de trabalho é necesario un maior perfeccionamento da idea de "corpo coma mensaxe", no que o proceso creativo xoga un papel importante.
Será nesta fase na que, coa finalidade de perfeccionar o dominio corporal e perfeccionar o proceso de comunicación, donde se introducirán técnicas básicas que pouco a pouco se irán trabalhando con maior rigor na seguinte fase. Estas técnicas e recursos básicos proceden principalmente do proceso de formación do actor, de técnicas de circo, das técnicas de danza... Séguense a trabalhar as manifestacións rítmicas que son própias da comunidade, afondando en aspectos socioculturais, coma a relación entre as danzas e as zonas onde se desenvolvian, os trabalhos que realizaban as xentes desas zonas, etc…
4. O perfeccionamento
Esta fase supón o achegamento ás técnicas que están directamente relacionadas coa expresión e todas as súas manifestacións, habilidades específicas de distintos tipos de danzas, técnicas de mimo, técnicas de circo, etc...
II. Bases para a proposta de actividades na naturezaPara os contidos relacionados coa natureza propomos que a secuenciación parta coma principios fundamentais de habilidades máis básicas a máis específicas, e de actividades desenvolvidas nun medio conhecido á un desconhecido.
Así, o inicio estaría en relación con actividades de sendeirismo e todo o que isto conleva en canto a preparación de mochilas, primeiros auxilios, tipos de sendeiros, orientación por indicios, etc….
Segundo o currículo de Primaria, nesta etapa educativa se teria xa trabalhada a trepa, polo que, nesta fase, amén poderia ser posibel o traballo de iniciación á escalada, que pode ser iniciada perfectamente dentro das instalacións que disponhen os centros segundo a dotación da Conselheria de Educación e O.U. (espaldeiras, material de ximnaxia, etc…)
Nun segundo nível trabalhariamos actividades de orientación que estarian encaminhadas a umha primeira toma de contacto con actividades de este tipo e un achegamento ós mapas, escalas, etc… que poden partir dende a própia aula de referéncia do grupo a pasar progresivamente a espácios máis amplos coma o ximnásio, etc… Neste nível se trabalharían tamén aspectos relacionados coa acampada.
Vivenciaríanse diferentes situacións de escalada, profundizando o aprendido na etapa anterior, plantexar outro tipo de desplazamentos con cordas do tipo por exemplo de "pontes mono", "himalayas", etc…
Nun terceiro nivel trabalhariase a orientación na que o manexo do mapa e compás serían indispensabeis e coma iniciación ás carreiras de orientación, onde o entorno do centro inicialmente pode ser suficiente para a sua realización e podendo ser trabalhadas perfectamente de xeito interdisciplinar con outras áreas do currículo coma as que se refiren á xeografia ou incluso ás matemáticas (no referente ao cálculo trigonométrico).
Nivel máis especializado en escalada e técnicas como o rapel.
Neste nivel trabalhariamos aspectos relacionados coas construccións e técnicas de cabulheria orientadas a diferentes deportes.
Por último, o conhecemento de reglamento e aspectos específicos das carreiras de orientación e outro tipo de actividades de este tipo que sexan propias das zonas onde se trabalhen.
Ao longo dos diferentes cursos seria indispensabel o trabalho de actitudes cara o medio natural e de conhecemento de normativas que afectarian os contidos que se están a desenvolver, é importante a nível de critérios de avaliación que ao rematar a ESO os alumnos fosen capaces planificar de xeito xeral a realización dumha saida ao médio natural, así coma de realizar a montaxe ordeada dun acampamento.
A xeito de conclusiónToda esta análise critica desenvolveuse co dobre obxectivo de por un lado aportar a nosa opinión ao labor do grupo de trabalho que está a desenvolver este currículo, así coma para dar a conhecer o estado no que se atopa este trabalho de reelaboración do currículo á maior xente posibel, este feito fixo que se realizara de maneira somera e sen apenas posibilidade de profundizar nas nosas propostas, polo que pedimos desculpas se se fai fincapé na crítica máis que na aportación de novas ideas.
Por outro lado queremos facer umha reflexión final, en tanto que, mentras non exista umha dotación de material aos centros acorde cos currículos que se lhes obriga a desenvolver (en todos os níveis educativos), mentras non exista un plan de formación permanente e continuada do profesorado por áreas, que sexa algo máis que uns cursos inconexos, e sobre todo, mentras non exista umha labor de inspección real e especializada dos contidos que se están a desenvolver realmente nos centros, todos os currículos que se desenhen, todas as propostas críticas que se fagan (as tenhan en conta ou non), todos os esforzos que se invirtan en melhorar esta área non terán éxito, xa que moitas veces as circuntáncias nas que se atopan os centros e os profesores (ou os própios profesores mismos) fan que todo o anteriormente citado quede en papel mollado.
Bibliografía
DEVÍS DEVÍS, J. y PEIRÓ VELERT, C. (1992) Nuevas Perspectivas Curriculares en Educación Física: La Salud y los Juegos Modificados. Ed: Inde. Col: La Educación Física en…. Reforma. Barcelona.
GENERELO, E. y TIERZ, P. (1991) Cualidades Físicas. Ed: CEPID. Zaragoza.
HERNÁNDEZ MORENO (1994) Fundamentos del deporte. Análisis de las estructuras del juego deportivo. Ed: Inde. Barcelona
MARTÍNEZ CÓRCOLES, P. (1996) Desarrollo de la resisténcia en el niño. Ed: Inde. Col: La Educación Física en…. Reforma. Barcelona.
SANTIAGO, P. (1985) De la expresión corporal a la comunicación interpersonal. Ed: Narcea. Madrid
VV.AA. (1993) Fundamentos de la Educación Física para la Enseñanza Primaria. Vol I . Col: La Educación Física en…. Reforma. Ed: Inde. Barcelona
Documentos legales:
Real Decreto 3473/2000 de 29 de decembro (BOE do 16 de xaneiro do 2001)
Real Decreto 3474/2000 de 29 de decembro (BOE do 16 de xaneiro do 2001)
Real Decreto 1007/1991 de 14 de junio
Real Decreto 894/1995 de 2 de junio
Decreto 78/1993 do 25 de febreiro (D.O.G. do 2 de abril)
| Inicio |
revista
digital · Año 8 · N° 48 | Buenos Aires, Mayo 2002 |