efdeportes.com
Análise crítica da proposta de modificación
do Currículo de Educación Física da
Conselleria de Educación da Xunta de Galicia

   
*Lic. en Educación Física
Profesora Asociada da Facultad de Educación
**Lic. Ciéncias da Actividade Físicas e o Deporte
Profesor de Ensino Secundário (en excedéncia)
Profesor Asociado da Facultad de Educación
Universidad de Zaragoza

 
 
Cristina López Villar*
José Ignácio Salgado López**

(España)
 

 

 

 

 
Resumen:
    O presente trabalho trata de analisar os erros detectados na proposta de borrador para o Desenho Curricular que da área de Educación Física pretende realizar a Conselheria de Educación e O.U. da Xunta de Galicia, así coma de propor umhas bases mínimas a ter en conta no desenvolvimento da secuenciación de dous dos bloques de contidos ao noso parecer peor estructurados dentro do curriculo.
    Palabras clave: Curriculo. Desenho Curricular Base. DCB.
 

 
http://www.efdeportes.com/ Revista Digital - Buenos Aires - Año 8 - N° 48 - Mayo de 2002

1 / 3

Introducción

    Actualmente se está levando a cabo a elaboración, por parte da Conselheria de Educación e OU da Xunta de Galicia, dun borrador de adaptación do currículum proposto polo Ministerio de Educación Cultura y Deporte do Estado Español (R.D. 3473/2000 y 3474/2000) para a Comunidade Autónoma de Galicia. Inicialmente se posibilitaba realizar propostas de modificación a ese borrador ata o 12 de decembro (a páxina web onde se pode consultar é: http://www.xunta.es/conselle/ceoug/dxoefp/index.htm), e dese trabalho sae o que agora presentamos para dar a conhecer ao maior número de profesionais o que nos consideramos un caos dentro das propostas que se pretenden facer no eido da Educación Física nesa Comunidade Autónoma.

    Inicialmente, nos alarmou bastante que neste desenho os contidos estean secuenciados por ciclos e que sexan nuns casos totalmente pechados e noutros máis xerais, pero afondando un pouco máis no seu desenvolvemento pareceunos, ademáis, que a forma en que foi elaborado non segue umha secuéncia lóxica, é por iso que se presenta este trabalho.

    No presente documento presentamos a citada análise, realizada só dos pontos máis conflictivos ao noso parecer, así coma umhas linhas xerais a ter en conta, coma base, para a proposta e secuenciación dos contidos que pensamos peor estructurados están dentro do currículo, para rematar facemos, a xeito de reflexión, un chamamento á reactivación global da área e elementos implicados dentro do currículo escolar xeral (administración, profesores).

    Remarcar que simplemente facemos referéncia ao currículo do nível obrigatorio do ensino secundário (ESO), xa que o borrador que se refire ao nível educativo post- obrigatório que a Conselheria expón na dirección anteriormente citada, carece por completo de obxectivos e critérios de avaliación, o que ao noso entender parécenos un feito grave de máis coma para ignorar esa proposta.


Análise crítico do borrador do currículo para a ESO

    A continuación presentamos as nosas propostas, que parten dumha somera análise de cada un dos pontos do borrador do currículo proposto para Galicia.

Obxectivos

    Numha análise xeral atopamos que os obxectivos se dirixen principalmente ao tema da saúde cousa que nos parece razoable, 4 pertencen a este contido, 3 a condición física, 3 a deportes, 1 a medio natural e 1 a expresión corporal, nun se fala de habilidades. Ningún deles fai referencia directa ás actitudes, únicamente poderiamos entender que o número 11 ó falar de "valorar" o faria, anque ese valorar tamén podería facer referencia a "avaliar". Feito este, que desde o noso punto de vista é importante modificar. É preciso ter en conta que educamos persoas e que as actitudes e os valores forman parte indisociable dese proceso de ensinanza-aprendizaxe, e estes contidos de actitudes e vaores son algo máis que simplemente "amosar actitudes de toleráncia e deportividade".

    Neste sentido, a idea de "colaborar", só aparece no obxetivo 5 que fai referencia á "organización de campionatos", parécenos que é un pouco pobre a expresión de colaboración neste sentido.

    En canto os obxectivos Nº 2 ("Practicar de forma habitual e sistemática actvidades físicas co fin de mellora-las condicións de saúde e calidade de vida" ), e N 3 ( "Valora-lo estado das suas capacidades físicas e habilidades específicas e planificar actividades que lles permitan satisfacer as súas necesidades" ). Parécenos difícil acadar estes obxetivos se no desenvolvimento dos contidos non aparece nada respectivo a adestramento (principio da adaptación, síndrome xeral da adaptación, ley do umbral..., principios derivados, nocións de carga e os seus componentes (só se nombra a intensidade do exercicio), etc...).

    No obxectivo Número 6 fálase de "deportes individuais", "colectivos" e "de adversario". Dende o noso ponto de vista esta clasificación non se adapta ás clasificacións máis usadas no noso ámbito dentro das últimas tendéncias de educación física no que se refire aos estudios sobre o feito deportivo. Consideramos importante ter umha actitude pulcra en canto á terminoloxia para non seguir aumentando os problemas que xa temos en relación a este tema. Propomos, polo tanto, adoptar a terminoloxia establecida inicialmente por PARLEBAS e continuada en España por autores coma HERNÁNDEZ MORENO (1994), e que foi orixe dos estudios de praxiologia actuales, falando polo tanto de deportes "psico-motrices" e "sociomotrices", e dentro destes "de colaboración", "de oposición" ou de "colaboración-oposición".

    No obxetivo 9, confúndese as "actividades deportivas" cos "deportes" . Confusión terminolóxica que volve a aparecer ao longo do desenvolvimento dos contidos, sendo xeral a todo o borrador, tomando coma sinónimos "activdades físico-deportivas", "deportes", "actividades físicas" e "actividades deportivas".

    Resulta curioso, que, se se lhe dá tanta importáncia ao eido da saude dentro da E.F escolar, non aparezan nomeados en ningures, obxectivos en relación coa educación postural, un dos grandes obxectivos que neste eido debe ter a nosa área ao noso enteder, e seguindo as propostas de DEVÍS DEVÍS, J. y PEIRÓ VELERT, C. (1992). Únicamente no obxectivo Nº 10, fala indirectamente deste feito, ao referirse a "Coñecer e utilizar técnicas básicas de relaxación como medio para reducir desequilbrios e aliviar tensións (...)" (o sulinhado é noso), o problema grave é que dentro dos problemas de orde postural entran máis aspectos que únicamente o dos "desequilibrios", e o que é peor, estes non só se trabalhan con técnicas de relaxación, senón tamén con trábalho especifico de potenciación e elongamento muscular.

    Dentro do obxectivo Nº 11, "Valorar, deseñar e practicar actividades rítmicas cunha base musical como medio de comunicación e expresión creativa" fálase das actividades de expresión primando as actividades rítmicas, non facendo mención a ningún outro aspecto dentro deste eido. Dende o noso punto de vista iste é un obxetivo moi reduccionista, dada a amplitude dos contidos de expresión corporal, pensamos que non necesariamente temos que primar os que tenhen que ver co ritmo.

    Ao rematar de leer todo o documento decatámonos de que hay contidos como os relacionados coa hixiene, que non aparecen nos obxetivos, de igual forma que aparecen contidos que non se avalian, o que nos dificulta comprender cal é a lóxica de programación que se seguiu para desenvolver este desenho curricular.

Contidos

    A idea de separación dos contidos en tres ámbitos como acontecia no Desenho Curricular Base anterior, desaparece no presente documento do Ministerio de Educación (no Real Decreto 3473/2000), sendo bastante difícil a compresión de cales fan referéncia a un ámbito ou a outro, e o que é máis grave, no borrador proposto pola Conselheria de Educación e O.U.da Xunta de Galicia engádese un apartado de "Actitudes" (no que, por certo, aparece algún contido que non é nin fai referéncia a actitudes, valores ou normas), a modo dos antigos Bloques de Contidos, coa diferéncia de que no D.C.B. antigo (ver R.D. 1007/1991 de 14 de junio, modificado polo R.D. 894/1995, adaptado para Galiza polo Decreto 78/1993), istes non se secuenciaban e, sin embargo, agora si, o que quere dicir que contidos como "Aceptación das normas para aconservación e mellora do medio natural e urbano" só se dan en primeiro da nova ESO. Queremos facer umha chamada á reflexión sobre este punto: Os contidos actitudinais son transversais a toda a área, e polo tanto non se poden secuenciar, nin moito menos temporalizar a nivel dun documento xeral para todo o sistema educativo.

    Seguindo no eido dos contidos, istes son divididos, como xa comentamos, por cursos o que supón umha proposta moi fechada, no que os profesores perden capacidade de decidir sobre a secuenciación de contidos. Esta circunstáncia dende o noso punto de vista é un atraso xa que dada a idiosincrasia da nosa comunidade non é o mesmo a realidade dos diferentes centros, perdendose ademáis a eséncia e espíritu innovador que propugnaba a LOGSE, que cun currículo semi-aberto permitia facer prácticas novidosas aos que quixeran e/ou continuar co que se fixera sempre, dentro das correntes máis tradicionais da E.F. aos que non.

    Como bloques dentro de cada curso aparecen:

I. Condición física e saúde

II. Habilidades específicas

  1. Xogos e deportes. Habilidades básicas.

  2. Actividades no medio natural

  3. Ritmo e expresión

III. Actitudes, valores e normas

    A división, na que están ao mesmo nivel as actitudes, valores e normas e a condición física e saúde e as habilidades non sabemos a criterios responde pero non ten moita lóxica, e menos ainda ninguna xustificacción dentro do que é a Teoria do Curriculo á que fai referéncia os estudios de Didáctica e Pedagoxia.

    Pasamos a continuación a analizar pormenorizadamente cada un dos cursos dentro da proposta do borrador da Conselheria de Educación e O.U.


Primeiro Curso

Contidos

I. Condición física e saúde

    Ao non diferenciar entre conceptos e procedimentos se confunde o contido 2 e o 3, xa que sobreentendemos que un fai referencia a conceptos e outro a procedimentos, pero non se sinala.

    No punto 3 fálase das capacidades físicas relacionadas coa saude, pero para o primeiro curso non se fala en ningún contido do trabalho da velocidade, atopándose esta capacidade no momento idóneo para ser desenvolvida xa que esta idade constitue para moitos autores umha fase sensibel para a sua melhora.

    Neste mesmo ponto, nomea exercicios tradicionais de acondicionamento físico cando fala de "Práctica de carreira continua, xogos e execicios dinámicos de forza xeral e estiramentos", o que condiciona a práctica docente, esquecendo que a condición físca tamén se pode trabalhar doutros xeitos que non resultan tan "odiosos" para os alumnos e alumnas (por exemplo, o "acondicionamiento físico integrado" do que fala GENERELO e LAPETRA, 1991 ; en VV.AA., 1993 ou MARTÍNEZ CÓRCOLES, 1996). No ponto 4 redúcese o trabalho de postura á posición de sentado e de levantar e transportar cargas. Parécenos ben que se trabalhen estos aspectos mais a proposta séguenos a parecer excesivamente reduccionista xa que, dependendo do contexto no que nos atopemos, poden existir numerosas prácticas que serian necesárias trabalhar na escola.

    No punto 5, falase de trabalhar o "Fortalecemento da musculatura de sostén mediante a realizacón de exercicios de mobilidade articular, de fortalecimiento muscular e relaxación" (o sulinhado é noso). Agora ben a nosa pregunta é como se pode fortalecer a musculatura relaxando e facendo mobilidade articular? Pensamos que a mobilidade articular está relacionada coa flexibilidade pero non coa forza, e en todo caso ningumha destas actividades permite un fortalecimento da musculatura.

II. Habilidades específicas

1. Xogos e deportes. Habilidades básicas

    O título deste epígrafe no borrador galego, en cuanto ás "habilidades basicas", ademáis de contradecirse co título do apartado de contidos (que se refire a "habilidades específicas"), non se corresponde cos contidos tratados a continuación, xa que se pasa a falar de habilidades específicas referidas inicialmente. Non entendemos por que o título fai referencia ás habilidades básicas se os contidos non o fan, tendo en conta ademáis que o texto orixinal do BOE fálase de "específicas".

    No 1.2 fálase de "habilidades ximnásticas" e volverase a falar en 2º curso pero a partir de ahí non volven a aparecer, pensamos que a riqueza e complexidade motriz das tarefas relacionadas con este deporte deben figurar ainda que só sexa minimamente en cada un dos cursos da secundária (includa a post-obrigatoria), incrementando, por suposto, prograsivamente a dificultade das tarefas ás que se deben de enfrontar os individuios.

    No 1.4, proponse "Clasificación dos xogos deportivos: convencionais, tradicionais e recreativos (conhecemento e práctica)" . Este contido fai referéncia a aspectos conceptuais para despois engadir contidos procedimentais, non entendemos en base a que critério se elexiu esta clasificación xa que con anterioridade se seguiu outra e non volve a aparecer ó longo da secuenciación proposta.

    Dentro do nº 1.5, fálase da aprendizaxe dos "fundamentos técnicos comúns ós deportes colectivos" ¿cáles son eses fundamentos? Pois se non falamos de habilidades básicas, consideramos que as técnicas duns deportes pouco tenhen que ver coas de outros, agora, se falamos de aspetos comúns aos deportes colectivos (preferimos denominalos de colaboración-oposición), deberemos falar de "principios tácticos" comúns a todo eles, non de técnica.

    No ponto nº 1.6, "Realización de actividades cooperativas e competitivas encamiñadas á aprendizaxe dos fundamentos técnicos e tácticos dun deporte colectivo", pensamos que neste contido se quere facer referéncia ás actividades de cooperación-oposición, xa que todos os deportes sociomotrices de colaboración-oposición (aquí denominados colectivos), implican accións de competición, xa que o regulamento de cada un deles así o establece.

    Lendo o contido seguinte, o nº1.7 ("Participación de forma activa nos diferentes xogos e actividades"), nos preguntamos: qué fai este contido fóra do apartado dos actitudinais que a conselheria se empenha en diferenciar e secuenciar?

2. Actividades no medio natural

2.1 "Posiblidades que ofrece o medio natural para realizar actividades físico-deportivas: terra, ar, auga". Entendemos novamente que este obxectivo e conceptual ou é que agora imos tirarnos en paracaidas nas clases de educación física? Repetimos que o feito de non diferenciar os tipos de contidos de que se trata pode dificultar o proceso de programación , lonxe de facilitalo, dando a demáis a confusión necesaria para que cada profesor os imparta coma el considere.

2.2 "Habilidades de manipulación dos elementos naturais (construcción de refuxios, bivaque e fogos) e adqusición de técnicas básicas manipulativas: lazos, hamacas etc..." Proponse iste obxectivo antes de saber facer umha mochila para sair ao medio natural ou o calzado e vestimenta máis axeitado. ¿Vaise sair ó medio natural a facer lume?. Pensamos que en Galicia existe umha normativa bastante ríxida en canto á idea de facer lume, e o peor, é que en ningún sitio se fala dos contidos a nivel actitudinal que implica esta actividade.

2.3 "Iniciación ó plano e á escala e utilización do compás (búxola)". Mézclanse cousas diferentes, se falamos de plano e compás teríamos que orientalo cara a práctica de actividades de orientación e casualmente non será ate terceiro cando se fala de "nocións básicas de orientación".

3. Ritmo e expresión

3.1. Parécenos que o trabalhar a cohesión dos rapaces debe de darse dende calquera tipo de práctica e non só dende as de expresión.

3.2. É moi difícil trabalhar os bloqueos e inhibicións se non se trabalha a confianza nun mesmo e a consciencia corporal.

3.3. O tempo pode ser alegro, moderatto.... non entendemos ben a finalidade de introducir un concepto própio da área de música en educación física. Parece que a nível conceptual niste bloque non é preciso aprender nada, consideramos que para poder entender os procesos de comunicación non verbal é precisa algumha referéncia de tipo cognitivo.

III. Actitudes, valores e normas

  1. "Respeto polas normas de hixiene, prevención e seguridade na práctica da actividade física" Curiosamente, dentro dos obxetivos non aparece ningún que faga referéncia aos hábitos hixiénicos, (este contido tampouco aparece dentro dos critérios de avaliación). Ademáis, non é transversal a toda a área? Ou é que a hixiene só é importante en primeiro e segundo da ESO?

  2. "Valoración positiva do uso expresivo do corpo e do movemento, aceptando a propia imaxe, tendo unha actitude desinhibida." Para conseguir que se acepte a propia imaxe son precisos trabalhos de conciencia corporal dos cales non se fala nos contidos. ¿Cómo se pretende trabalhar?


Lecturas: Educación Física y Deportes · http://www.efdeportes.com · Año 8 · Nº 48   sigue Ü