efdeportes.com

Análise crítica da proposta de modificación do Currículo de
Educación Física da Conselleria de Educación da Xunta de Galicia
Cristina López Villar y José Ignácio Salgado López

http://www.efdeportes.com/ Revista Digital - Buenos Aires - Año 8 - N° 48 - Mayo de 2002

2 / 3


Segundo Curso

Contidos

I. Condición física e saúde

  1. "Capacidades físicas relcionadas coa saúde: resistencia aeróbica e flexibilidade. Concepto. Control da intensidade do esforzo pola frecuencia cardíaca: toma de pulsacións, cálculo e realización de esforzos dentro da súa zona de actividade". Inicialmente nomease á flexibilidade pero o desenvolvemento do contido fai referéncia só á resisténcia.

  2. "Acondicionamento da resisténcia aeróbica: carreira continua, adestramento total e xogos". Este contido, ao igual do que acontecia co curso anterior céntrase en actividades para o desenvolvemento da resisténcia tradicionais. A caso, como xa comentamos non se pode melhorar a resisténcia aeróbica a través de danzas ou mediante circuitos de habilidades?. Non se pode trabalhar dentro doutros bloques do currículum ou de forma interdiciplinar con outras áreas?. Non vemos lóxico que os própios contidos do curriculo oficial establezcan as actividades a realizar para trabalhar ises contidos, xa que reducen a liberdade do docente, en todo caso, esto compételhe aos "Desenvolvementos Curriculares", que a modo de exemplificación xa existen sen carácter normativo.

  3. "Práctica dos diferentes tipos de respiración: clavicular, torácica e abdominal". Aparece o trabalho de respiración que non aparecia en primeiro e non entendemos por que. En primária xa se trabalha este contido e non teria sentido en primeiro curso obvialo.

II. Habilidades específicas

1. Xogos e deportes. Habilidades motrices básicas

1.1 "Execución de distintas combinacións de habilidades ximnásticas e acrobáticas". Enlazar acrobácias nos parece un contido demasiado difícil para segundo curso, tendo en conta que en primária non se trabalhan habilidades específicas, ademáis, seria necesario, ao noso entender e coma xa dixemos, seguir trabalhando a ximnásia artística-deportiva nos seguintes cursos, cousa que non se fai.

1.2 "Características básicas e comúns das habilidades deportivas: normas, regras, aspectos técnicos e tácticos" Si se fala de habilidades deportivas ¿cales son os aspectos técnicos comúns a todos os deportes?. Se fala de deportes ¿cales son as reglas, normas, etc... comúns aos deportes? Entendemos, por exemplo, que hai habilidades deportivas que se rixen por códigos de valoración externa nos que a execución de técnicas non supón que exista tácticas na sua realización realización. Ou é que se está facendo referéncia sempre aos deportes sociomotrices?, feito iste que, ademáis de parecernos de novo reduccionista, amosaria a deixadez e pouco coidado na redacción distes contidos.

1.3. "Conhecemento e práctica de xogos e deportes populares e tradicionais galegos(…)"¿Cal é o critério para introducir o trabalho de xogos populares no segundo curso e non no primeiro? Por que non se trabalhan en todos os cursos da ESO como mostra da riqueza da cultura popular do noso país?. Ademais, nos criterios de avaliación non aparecerá ningún referido con este contido, o que unido ao anterior pensamos que amosa a pouca importáncia que o lexislador lhe dá a estes aspectos.

1.4. "Práctica de actividades deportivas individuais (atletismo, bádminton…) e colectivas (minisbasquet, voleypraia, mimi-balomán, …), de ocio e recreación. Na redacción deste contido o bádminton aparece como "deporte individual". Dende a nosa modesta opinión o bádminton non é un deporte individual se non de oposición. Neste mesmo contido fálase do minibasquet e o mini-balonmán, a nosa información no eido destas modalidades deportivas din que estes "minideportes" están orientadas a categorías benxamíns e alevíns, polo que serian máis axeitados para Primária. E por último e o máis anecdótico, "Voleipraia"???. Por favor, un pouco de seriedade, onde se vai practicar voleipraia nos institutos de ensino secundário, por que se estes contidos non son normativos quere dicir que todos os demais tampouco o son, e polo tanto, que sentido ten todo este "novo trabalho curricular" que se nos presenta?

2. No medio natural

    Inicialmente mencionar que o título deste "agrupamento" de contidos (non nos atrevemos a chamalo "bloque"), presenta diferentes denominacións segundo o curso ao que se refira. Así, en 1º curso, aparece nomeado coma "Actividades no medio natural".

2.1. "Nocións sobre supervivencia e acampada: normas de seguridade, elección do terreo e precaucións a ter en conta para montar tendas". Nos chama a atención este contido, non sabemos si está plantexado a nivel conceptual ou hay que facer umha práctica na que deixamos aos rapaces umha noite no monte cun anaco de pan e un ovo duro a ver quen asiste a clase ao día seguinte.

2.2. "Características do medio natural: topografía e recoñecemento de formas e elementos da paixase". Recoñécese a paixase despoís de traballar co plano ¿Cál é a lóxica?. Pensamos que "características do medio natural" non é un contido específico da nosa área e que hai outras que xa deberian trabalhar estos contidos. Pensamos que ó longo da secuenciación non se debería perder de vista a idea de que nos movemos no ámbito da motricidade e que algo como son os as actividades físicas e deportes no médio natural, salvo a orientación e o sendeirismo, non aparece.

3 Ritmo e expresión

3.1. "Experimentación de actividades encamiñadas ó dominio, ó control corporal e á comunicación cos demáis: os xestos e as posturas." Trabálhanse contidos de primária que se suponhen xa superados, ademáis, non vemos ningumha lóxica na secuenciación deste bloque.

    Non se fai referéncia en ningún momento aos ritmos ou danzas própias de cada comunidade, aspecto que nos parece fundamental.

    Da mesma forma que se fala de deportes como o atletismo, a ximnásia artística, o bádminton... poderiase falar de trabalhos máis técnicos dentro da danza, as actividades de circo ou técnicas teatrais.

III. Actitudes, valores e normas

  1. "Toma de conciencia da propia condición física (…)" dende o noso punto de vista, este contido está facendo referéncia a un feito procedimental e non actitudinal.

  2. "Recoñecemento e valoración da relación existente entre a adopción dunha postura correcta na realización de actividades físicas e no traballo diario de clase". Resulta curioso que apareza un contido actitudinal relacionado coa postura cando, non apareceu ningumha proposta para o trabalho procedimental neste eido.

  3. "Valoración das produccións culturais da nosa Comunidade que existen no campo da expresión corporal". De novo, se fai referéncia a algo que non se trabalhou de forma procedimental. Non entedemos se o que se ha de valorar son obras de teatro e cousas semelhantes ou é valorar as danzas e ritmos tradicionais.

Critérios de avaliación

    "Incrementa-las capacidades físicas relacionadas coa saúde, traballadas durante o curso, mellorando con respecto ó seu nível de partida". Fálase de incrementar as capacidades físicas trabalhadas durante o curso, pensamos que deberia ponher ciclo, xa que en primeiro tamén se trabalharon e os critérios fan referéncia a o primeiro ciclo non só ó 2º curso, por outro lado, parecenos pobre o feito de que so se vincule o critério de avaliación en canto á melhora a nível individual, sen facer mención ao entorno de referéncia, xa que obviamente, todas as capacidades físicas (de sacado a flexibilidade), melhorarán por propia maduración biolóxica durante os dous anos que dura o primeiro ciclo e que avalia este critério.

    Comentar ademáis, e a nível xeral, que non aparece ningún criterio relacionado con xogos ou deportes autóctonos nin danzas.


Terceiro Curso

Contidos

I. Condición física e saúde

     "Aplicación de sistemas específicos de adestramento da resistencia aeróbica: carreira continua uniforme, adestramento total, carreira variable e outros" A carreira contínua, adestramento total..., non son sistemas de adestramento. En todo caso, istes sistemas serían o contínuo ou interválico. Ademáis, aínda non se falou de componhentes da carga (agás da intensidade), e xa se fala sistemas de adestramento o que nos parece un erro dende o ponto de vista de selección e secuenciación dos contidos.

II. Habilidades específicas

1. Habilidades deportivas

1.1. "Aspectos técnicos, tácticos e regulamentários dos deportes a practicar". Ate o de agora especificaba os deportes a practicar e aquí non o fai, que razón hai, polo tanto de especificalos antes?.

1.2. "Realización de actividades cooperativas e competitivas dirixidas á aprendizaxe dos fundamentos técnicos e tácticos dun deporte colectivo". Pensamos que onde pon actividades cooperativas e competitivas deberia de por cooperación-oposición.

1.3. "Adquisición das técnicas básicas das diferentes modalidades do atletismo". Adquisición de todas as técnicas básicas do atletismo? Parécenos umha esaxeración e algo irreal.

2. No médio natural

    Neste curso aparece o trabalho de orientación, volvendo a falar do mapa e non se fala en ningún momento da orientación por indicios. Non entendemos a progresión que se segue.

    Vólvese a falar de actividades no médio natural como rutas ou acampadas ¿qué hai da responsabilidade que recae sobre os profesores que se incrementou tras a aprobación da lei do menor? O noso parecer é que estas actividades son moi necesárias na formación do alumnado, mais cremos que non é axeitado obrigar por medio de documentos normativos ao profesorado á adoptar contidos que impliquen risco para o seu labor profesional (na orde da responsabilidade civil).

3 Ritmo e expresión

3.1. "Práctica dirixida á toma de conciencia dos distintos espacios utilizados na expresión corporal: espacio interior, espacio físico, espacio parcial ou propio e espacio social". Non entendemos porque se trabalha o espácio en terceiro da ESO, se forma parte das capacidades perceptivo-motrices e xa é trabalhado en Primaria. Poderiamos entender que se trabalhase o espacio como lugar de exploración para a expresión ou a estructuración en relación ao ritmo, como se propón no seguinte contido, pero non tal como está redactado neste.

III. Actitudes, valores e normas

  1. "Valoración e aceptación das normas de seguridade e protección das instalacións específicas, no medio natural e urbano". Ademáis do xa mencionado aspecto en canto a secuenciar os contidos de tipo actitudinal, neste, especificamente, non entendemos a que se refire con "instalacións específicas". Ao aparecer aquí o termo "instalacións" relacionado co médio natural. En princípio, no médio natural enténdese que non hai instalacións, e é precisamente por isto polo que se considera natural (de sacado algumhas outras como son os refuxios, vias de escalada, etc... de difícil acceso para calquera centro do ámbito galego).

Critérios de avaliación

  1. "Utiliza-las modificacións da frecuencia cardíaca e respiratoria como indicadores da intensidade do esforzo". Pensamos que, este critério estaría mal ubicado xa que se pide control da frecuéncia cardíaca coma indicador da intensidade cando isto foi trabalhado en segundo e non en terceiro.

  2. "Acepta-las diferencias de habilidade, sen que ilo sexa obxecto de discriminación por razóns de sexo, raza, capacidade física, etc." Consideramos que neste contido mezcla as diferéncias de habilidade con outros aspectos de corte sociocultural, aos que iste tipo de discriminación non ten porque ir asociada.

    Como remate, mencionar que non se avalia nada a nivel cognitivo, todo é procedimental (desconhecemos cal é ou pode ser o motivo).

    Ademáis, non aparecen critérios actitudinales que fagan referéncia a fenómenos socioculturais, aspecto que nos parece de vital importéncia para que os nosos alumnos e alumnas sexan cidadáns comprometidos e responsabeis.


Cuarto Curso

Contidos

I. Condición física e saúde

  1. "Capacidades físicas relacionadas coa saúde: forza e velocidade. Concepto. Manifestacións básicas. Tipos de exercicios" (o sulinhado é noso). Aquí fala, ao igual que no contido nº 5 do traballo da velocidade cando xa dixemos que deberia de trabalharse no primeiro ciclo, no desenho orixinal do ministerio aparece a resisténcia en lugar da velocidade, desconhecemos o motivo por que se incluiu aquí, sendo da idea de que a resisténcia (tanto aeróbica coma múscular) é necesária trabalhala ao longo de todas as etapas educativas, xa que son a base co concepto de "Acondicionamento Físico para a Saude". Ademaís, o que é peor, e o noso entender un erro gravísimo a nível de conceptos, se asocia a velocidade coas capacidades relacionada coa saude e, polo que nós sabemos, a maioria dos autores relacionan iste concepto coas capacidades físicas de resisténcia aeróbica e muscular, flexibilidade e forza (DEVÍS DEVÍS y PEIRÓ VELERT,1992 ; VV.AA.,1993).

  2. "A postura corporal nas actividades cotiás. Análise dos malos hábitos e a súa corrección." Pensamos que estes contidos deben de ser trabalhados de xeito transversal a toda a área e/ou en todo caso xa deberian ter sido tratados con anterioridade, coma xa comentamos.

  3. "Elaboración e posta en práctica dun plan de traballo da resistencia aeróbica e da flexibilidade". Non se fala da carga, dos componhentes da mesma e a súa dinámica, do síndrome xeral de adaptación, etc. e pretendemos que planifiquen. ¿En base a qué?

II. Habilidades específicas

1. Habilidades deportivas

1.1. "Planificación de propostas de actividades aplicables ós deportes que se están practicando, levándoas á práctica de forma autónoma." Estamos formando monitores? Que sentido ten este contido? Umha cousa é que autoxestionen a sua práctica e outra ben distinta que sexan capaces de planificar tarefas, feito iste que lhes compete aos profesionais diste campo.

3 Ritmo e expresión

3.1. "Participación e aportacións ó trabalho en grupo". Só é preciso trabalhar isto no ámbito da expresión? Dende o noso punto de vista iste contido deberia ser actitudinal, e polo tanto transversal a toda a área.

III. Actitudes

    Sinalar que neste curso se cambia a denominación deste agrupamento de contidos, coma xa pasara anteriormente co que facia referéncia ás actividades no médio natural, parando de chamarse "Actitudes, valores e normas" a só "Actitudes".

     "Valoración obxectiva dos elementos técnicos tácticos e plásticos do deporte, independentemente da persoa e/o equipo que o realice". Non entendemos que quere dicir coa valoración plástica do deporte, fai referencia á estética?.


Criterios de avaliación

    No que fai referéncia aos deportes tratados, só se avalían os deportes de equipa (de colaboración-oposición), cando dentros dos contidos se fala a nível do borrador galego de "(...) perfeccionamento dun deporte colectivo e doutro indiviual" (no 1.1 do apartado de "Habilidades específicas").

  1. "Incrementa-las capacidades físicas de resistencia, flexibilidade e forza resistencia muscular respecto así mesmo e ó contorno de referencia e tendo en conta sobre todo, a súa superación persoal" (o sulinhado é noso). Non compartimos a idea de ter que ponderar obrigatoriamente e por ley a valoración que da melhora da condición física acade cada alumno ou alumna. Esto implica recortar aínda máis se cabe a capacidade de decisión que ten o profesor da área, ademáis de outras consideracións que tenhen máis que ver coa forma de coprender a materia, nas que non vamos a entrar aquí.

  2. "Analiza-los efectos duradeiros, que son beneficiosos para a saude, do traballo de forza e velocidade". Avalíase a velocidade (volvendo a asociala aquí coa saúde), cando xa se debería de ter trabalhado e non aparece a flexibilidade que ao ser umha capacidade regresiva deberia de trabalharse durante toda a etapa.

Bases para umha proposta de contidos relacionados coa expresión corporal
e as actividades físico-deportivas no eido natural

I. Bases para a proposta de expresión corporal

    A continuación, para a secuenciación dos contidos relacionados con expresión corporal propoñemos diferentes fases a plantear de forma progresiva ao longo dos 4 cursos da secundária obrigatória.

    Consideramos catro fases que orientarán o trabalho da expresión corporal: exploración, expresión, comunicación e perfeccionamento.

1. A exploración

    A exploración ten como obxectivo desenvolver ao máximo os aspectos que contribuen á consolidación da conciencia corporal propia, na cual, distinguimos a somatognosia e a exterognosia.

    Cando falamos de somatognosia estámonos refirindo a aspectos relacionados coa noción de corpo, o que supón o conhecimento do corpo en sí mesmo, é decir, todos aqueles aspectos que fan alusión ás vivencias internas da corporalidade.

    Para desenvolver a somatognosia trabalharemos a nível práctico a exploración de sensacións relacionadas coa estructura ósea e muscular, nas que experimentemos os limites e posibilidades articulares, a utilización consciente dos nosos apoios, as sensacións obtidas a partir das diferentes calidades da tonicidade,... Para estas propostas, resulta trascendental recursos que permitan un proceso de introspección, no que se tome conciencia da respiración e de calquer proceso interno que se produzca no organismo. Para isto, será interesante exercitar a capacidade sensitiva que todo individuo posue, a partir de diferentes propostas relacionadas co tacto, a vista, o oído, o gusto e o olfato.

    Mentras que na exterocepción desenvólvense todos aqueles conceptos que tenhen que ver co externo ao corpo, principalmente, cando se relaciona con dimensións tales como o espacio e o tempo.

    Para desenvolver a exterocepción faise necesário un proceder no que o individuo se relacione cos obxetos e outros individuos. As variabeis a modificar serán o espacio e o tempo, e a partir de aí, orixinar diferentes combinacións nas que o suxeito experimente a sua corporalidade dende outra perspectiva.


Lecturas: Educación Física y Deportes · http://www.efdeportes.com · Año 8 · Nº 48   sigue Ü