efdeportes.com
Proposta de visión transversal da celebración do
“Dia das Letras Galegas” nun centro de ensino secundario.
Memoria dunha Experiencia Didáctica

   
*Prof. da área de Educación Física
**Prof. da área de Educación Física
***Prof. da área de Lingua e Literatura Galegas
****Prof. da área de Lingua e Literatura Galegas
*****Prof. da área de Música
 
I.E.S. “A Pinguela”
Monforte de Lemos
 
 
José Ignacio Salgado López*
Susana Sangiao Novo**
María Vidal Álvarez***
Xosé Manuel Eyré****
Pedro López Marqués*****

(España)
 

 

 

http://www.efdeportes.com/ Revista Digital - Buenos Aires - Año 8 - N° 54 - Noviembre de 2002

1 / 1

1. Introducción

    O presente traballo pretende ser una mostra da experiencia levada a cabo no I.E.S. “A Pinguela” de Monforte de Lemos, por parte dos departamentos didácticos de Galego, Música e Educación Física, durante o ano académico 2000-01 no que se puxo en práctica unha serie de actividades transversais con motivo da celebración da semana das letras galegas, relacionadas coas unidades didácticas programadas por cada un dos departamento anteriormente citados, abertas para todos os cursos e níveis educativos do centro, aínda que centradas máis especificamente no 4º curso da ESO.

    Ao longo desta memoria que presentamos co gallo dos premios á innovación educativa convocados pola Consellería de Educación e O.U., presentaremos os obxectivos, contidos e avaliación desta experiencia, ademais das liñas de futuro que se poderían ter en conta para a súa posta en práctica en anos sucesivos, e asemade unha mínima bibliografía sobre os temas tratados.


2. Xustificación. Vinculación co D.C.B

    De seguido, mostramos a xeito de xustificación, a vinculación que creemos que pode ter o noso pequeno proxecto cos Deseños Curriculares Base das distintas áreas que participaron nel.


2.1. Vinculación co D.C.B. da área de Lingua Galega e Literatura

    O presente proxecto se amosa enmarcado dentro dos obxectivos xerais da área de:

“Valorar e estimar as dúas linguas oficiais da nosa Comunidade, comprendendo as circunstancias que condiucionaron a súa evolución e o seu uso, e afirmando a lingua galega coma prpia de Galicia.”

“Analizar e xulgar fundada e críticamente os diferentes usos sociais das línguas, evitando os estereotipos que supoñen xuizos de valor e prexuízos (clasistas, racistas, sexistas, etc...), a través do re4coñecemento do posible contido ideolóxico da linguaxe.”

    Dentro dos criterios de avaliación se realciona cos de:

“Integrar os vínculos que se establecen entre a persoa, o territorio, a cultura e a língua”


2.2. Vinculación co D.C.B. da área de Música

    Atopamos vinculación da experiencia nos obxectivos xeráis de:

“Gozar coa audición de obras musicais coma forma de comunicación e coma fonte de enriquecimento cultural e pracer persoal, interesándose por ampliar e diversificar as súas preferencias musicais.”

“Participar en actividades musicais dentro e fóra da escola con actitude aberta, interesada e respetuosa, tomando conciencia, como membro dun grupo, do enriquecimento que se produce coas aportacións dos demais”

“Utilizar e gozar co movemento e a danza como medio de representación das imaxes, sensacións e ideas e aprecialas como forma de expresión e comunicación individual e colectiva, valorando a súa contribución ao benestar persoal e ao coñecemento de si mesmo”

    Atopamos, ademáis, dentro deste área un bloque de contidos específico dos temas a tratar dentro do proxecto, como é o de “Movemento e Danza”, onde se desenvolven contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais relacionados directamente co proxecto.

    Por ultimo, e tamén dentro desta área, podemos ver tamen unha vinculación directa cos criterios de avaliación de:

“Coordinar o movemento en grupo, atendendo á relación espacio-tempo en resposta a estímulos rítmicos binarios e ternarios.”

“Recoñecer e situar no seu contexto manifestacións musicais propias dos diferentes pobos e culturas”


2.3. Vinculación co D.C.B. da área de Educación Física

    Podemos integrar os contidos e actividades levadas a cabo no eido deste programa dentro dos obxectivos xerais da área de:

“Aumentar as suas posibilidades de rendemento motor polo acondicionamento e mellora das súas capacidades físicas e o perfeccionamento das súas funcións de axuste, dominio e control corporal, desenvolvendo actitudes de autoesixencia e superación”

“Participar, con independencia do nivel de destreza acadado, en actividades físicas e deportivas, desenvolvendo actitudes de cooperación e respeto, valorando os aspectos de relación que teñen as actividades físicas e recoñecendo como valor cultural propio os deportes e xogos autóctonos que os vinculan á súa comunidade”

“Recoñecer, valorar e utilizar, en diversas actividades, manifestaciones culturais e artísiticas, a riqueza expresiva do corpo e do movemento como medio de comunicación e de expresión creativa”

    Atopamos aquí tamén un bloque de contidos directamente relacionado co noso proxecto, como é o de “Expresión Corporal”, que se vincula estreitamente coas actividades de danza programadas na unidade didáctica de Bailes tradicionais, ademais de co bloque de contidos de “Movemento e Danza”, da área de Música.

    Dentro dos criterios de avaliación para esta área, atopamos nos atopamos relacionados co de:

“Expresar e comunicar, de forma individual e colectiva, estados emotivos e ideas utilizando as combinacións dalgús elementos da actividade física como o espacio, tempo e intensidade”


3. Obxectivos

    Para a posta en práctica deste traballo propuxémonos un obxectivo educativo a nivel xeral como é o de:

“Coñecer a variedade e riqueza das formas de expresión da cultura galegas e fomentar a normalización da nosa lingua”.

    A nosa idea é dar a coñecer formas culturais que moitas veces non veñen expresadas no currículos de secundaria, ou por falta de tempo vense perxudicados fronte a outros, este é o caso da música e o baile, por exemplo.

    Dunha forma máis concreta trazamos as seguintes intencións educativas:

  • Valorar o galego como lingua de expresión oral en todas as facetas da vida.

  • Desenvolver e diferenciar diferentes ritmos tradicionais mediante o baile (vals, pasodoble galego, muiñeira e polca)

  • Diferenciar as distintas formas e estructuras rítmicas da música tradicional galega (jota, muiñeira, pasodoble, etc...)

  • Diferenciar os distintos tipos de instrumentos tradicionais galegos (percusión tradicional, gaitas, etc...).

  • Diferenciar e valorar positivamente os distintos tipos de instrumentos tradicionais galegos fronte ás adaptación dos mesmos para as bandas de gaitas contemporáneas.

  • Valorar o galego como língua de expresión de música moderna (rock bravú).


4. Contidos desenvolvidos por áreas

    A continuación exporemos brevemente os contidos que se procuraron desenvolver durante a experiencia , organizándoos polos departamentos didácticos que se encargaron da súa transmisión e/ou docencia, aínda que isto só é por unha cuestión de orde, xa que moitos deles se traballaron de forma global interrelacionando unhas áreas coas outras, ao non poderse separar (sendo un claro exemplo disto a música e o baile), ademais de buscar, deste xeito unha maior globalidade que favoreza a aprendizaxe dos alumnos e alumnas, así como para fomentar unha valoración positiva destas actividades.

    No caso dos contidos desenvolvidos na área de Educación Física onde se diferencian máis os tipo de contidos desenvolvidos polo cariz procedimental da área pódese ver a unidade didáctica onde se impartiron os contidos correspondentes no ANEXO 1, onde se desglosan en conceptuais, procedimentais e actitudinais.


4.1. Contidos desenvolvidos na área de Música

Diferenciación de instrumentos tradicionais:

  • Gaitas:

    • Historia

    • Tipos (segundo a afinación, gaita galega tradicional, de barquín, marcial)

    • Partes

    • Afinación

  • Percusión tradicional:

    • Tamboril

    • Pandeireta

    • Bombo

    • Tarrañolas

Diferenciación de ritmos e músicas tradicionais:

  • O vals galego

  • O pasodoble galego

  • A muiñeira

  • A polca


4.2. Contidos desenvolvidos na área de Educación Física

O vocabulario galego na Educación física e os deportes.

  • Partes do corpo en galego

  • Vocabulario galego específico da Educación Física e os Deportes

Diferenciación de ritmos e bailes tradicionais:

  • O vals galego

    • O agarre da parella

    • A posición do corpo no espacio

    • O paso base

  • O pasodoble galego

    • O agarre da parella

    • A posición do corpo no espacio

    • O paso base

  • A muiñeira

    • Estructura

    • Picado básico

    • Puntos básicos

    • Coreografías básicas

  • A polca

    • Estructura

    • O paso base

    • Coreografías básicas


4.3. Contidos desenvolvidos na área de Língua e Literatura Galega

  • O galego nos contos

  • O galego no teatro

  • O galego na música moderna (o Rock Bravú)


5. Actividades

    As actividades postas en marcha foron:

  • Unidade didáctica de Bailes tradicionais (dentro da programación xeral anual do Departamento Didáctico de Educación Física).

  • “O vendedor de paxaros” obra do Teatro de Sombras Miro Magariños (actividade complementaria organizada polo Departamento Didáctico de Língua e Literatura Galega).

  • Charla-coloquio sobre o Rock Bravú a cargo de Xurxo Souto (actividade complementaria organizada polo Departamento Didáctico de Língua e Literatura Galega)

  • Os contos solidarios de Vento e Juja. Contacontos (actividade complementaria organizada polo Departamento Didáctico de Língua e Literatura Galega)

  • Charla-concerto de música e instrumentos tradicionais, a cargo dos gaiteiros Noélia Sánchez e César Martínez (actividade complementaria organizada polo Departamento Didáctico de Música).


6. Temporalización

    As actividades que se desenvolveron dentro do ámbito desta proposta foron postas en práctica na semana correspondente ao Día das Letras Galegas, finalizando a derradeira delas o día 30 de maio do 2001. A continuación presentamos polo miudo as datas de posta en práctica de cada unha de elas.

  • A de maior duración foi a de Unidade didáctica de Baile Tradicional que foi impartida polo profesor de Educación Física nos grupos de 4º da ESO durante as dúas derradeiras semanas de maio (do 18 ao 30 de maio), sendo o colofón dela a charla coloquio-concerto dos gaiteiros Noélia Sánchez e César Martinez.

  • 18 de maio. “O vendedor de paxaros” obra do Teatro de Sombras Miro Magariños.

  • 22 de maio. Charla-coloquio sobre o Rock Bravú a cargo de Xurxo Souto

  • 23 de maio. Os contos solidarios de Vento e Juja. Contacontos

  • 30 de maio. Charla-concerto de música e instrumentos tradicionais, a cargo dos gaiteiros Noélia Sánchez e César Martinez


7. Avaliación

    Dentro deste apartado debemos resaltar o éxito da convocatoria, que vencellou a grande parte do alumnado do centro, sendo as actividades puntuais boa mostra disto, ao quedársenos pequeno o Salón de Actos do centro. Tal foi o caso da charla-concerto dos gaiteiros do grupo “ÉRBEDO”, na que foi entrando xente xa comezada a charla, e sobre todo no momento en que estiveron tocando pezas do seu repertorio.

    Preguntados a nivel informal os alumnos e alumnas parece ser que as actividades de maior éxito foron as do Teatro de Sombras de Miro Magariños e a charla-concerto dos gaitiros do grupo “ÉRBEDO” anteriormente comentada.

    Máis específicamente o Departamento de Educación física dentro da súa Unidade Didáctica de Bailes tradicionais, presenta un sistema de avaliación específicaca para os contidos que máis se relacionan coa súa área, constatando con eles os seguintes resultados:

  • Todos os alumnos e alumnas de 4º da ESO foron quen de diferenciar os diferentes tipos de ritmos propostos ao final da Unidade Didáctica.

  • Todos foron quen de bailar cada un dos bailes propostos

  • Ainda o anteriormente exposto, había grandes diferencias en canto a execución práctica dos bailes, sobre todo no caso da muiñeira debido sobre todo ao “picado” propio deste baile, que so era correctamente executado por dous tercios dos alumnos e alumnas).

    A forma de levar a cabo esta avaliación dentro do ámbito procedimetal e actitudinal, foi dentro do desenvolvimento da propia Unidade Didáctica, na derradeira das súas sesións, pedindo a cada unha das parellas que desenvolvesen os distintos bailes que se lles ían propoñendo, utilizando coma ferramentas de avaliación a observación directa, cunha valoración mediante unha escala cualitativa (en base a: a=Moi ben, b=Ben e, c=Mal) para a execución (fixandonos só nos aspectos que nos marcaramos como criterios de avaliación), e unha escala cuantitativa do 0 ao 3 (sendo este último a máxima puntuación) para o citado ámbito actitudinal, datos que se recollian nunha folla de rexistro deseñada ao efecto. Ademáis, dentro do que é a avaliación do ámbito cognitivo, os contidos desenvolvidos por esta unidade didáctica entraron a formar parte do exame de fin de avaliación, con preguntas específicas sobre o tema tratado.


8. Liñas de futuro

    Sería interesante manter esta iniciativa, vinculando ademáis a outros departamentos do centro como poden ser:

  • O departamento de Tecnoloxía podería coordinar a organización dunha charla-práctica sobre a construcción de intrumentos tradicionais, chamando para isto algún luthier que ben poderia ser Guillermo Álvarez “o Crego” por ser da propia cidade.

  • O departamento de Plástica podería colaborar na elaboración de carteis anunciadores das actividades e eventos a realizar e organizar concursos de banda deseñada coordinadamente co departamento de Lingua e Literatura Galega

    Dentro do apartado de novas actividades que se poderían por en marcha seria factible propor:

  • A charla-práctica do Luthier de instrumentos tradicionais

  • A elaboración por parte dos alumnos e alumnas de carteis anunciadores das actividades a realizar.

  • O concurdo de banda deseñada

  • A posta en marcha dunha Radio Escolar dentro do centro, coordinada dende o departamento didáctico de Música e Língua e Literatura Galegas así coma o Equipo de Normalización Lingüística.

  • E en derradeiro lugar, vincular os coñecimentos de Bailes Tradicionais coas festas que se organicen no centro (Magostos, Nadal, Entroido), de tal xeito que os rapaces vexan a utilidade propia dos bailes.

    Por todo esto, e sobre todo tendo en conta os dous derradeiros pontos, pensamos que a experiencia podería levarse a cabo durante todo o curso, ainda que se lle dea máis importancia na semana proposta actualmente das Letras Galegas, con todo esto, ademais, estaremos acadadando un dos obxectivos que nós nos marcamos inicialmente, como é o de fomentar o uso e normalización da nosa lingua.

    Por último, consideramos necesario mellorar o sistema de avaliación conxunta das actividades, utilizando tal vez algún tipo de enquisa, cuestionario, etc... no que se rercolla dun xeito máis claro e sistemático os aspectos do proceso que poden ser mellorados, así coma os que poden manterse ou suprimirse, todo isto co obxectivo fundamental de que en anos sucesivos poda resultar máis exitosa ainda a convocatoria.


Bibliografía

  • DE SANTIAGO, M. (1978). Método de gaita por cifra y música. Ed: O Autor. Santiago.

  • DE SANTIAGO, R. A. (1964). Método completo de Gaita. Ed: Galaxia. Vigo

  • ESTÉVEZ VILA, V. (1987). A gaita no eido da musica. Centro de ensinanzas musicais Mayeusis. Vigo.

  • FOXO. X. L. (1986). Os segredos da Gaita. Ed: Escola Provincial de Gaitas da Excma. Deputación Provincial de Ourense. Ourense.

  • SALOMÓ GURÍ, C. (1999). Unidades didácticas para secundaria III. Bailes de Salón. Ed: INDE. Barcelona.

  • VV. AA. (1996). A Educación Física na primaria. Proxecto curricular e sesións de traballo (3º ciclo). Ed: Toxosoutos. Col: Guias para o profesor. Muros.


Otros artículos sobre Unidades Didácticas

  www.efdeportes.com/
http://www.efdeportes.com/ · FreeFind
   

revista digital · Año 8 · N° 54 | Buenos Aires, Noviembre 2002  
© 1997-2002 Derechos reservados