efdeportes.com

Proposta de integración do judo no medio escolar
a partir da superación dos problemas psico-afectivos derivados do contacto
José Ignácio Salgado López, Susana Sangiao Novo y Cristina López Villar

http://www.efdeportes.com/ Revista Digital - Buenos Aires - Año 7 - N° 38 - Julio de 2001

2 / 2


3.1.1. Plantexamento metodolóxico

    Vemos logo que pretendemos unha metodoloxia activa, onde sexa o próprio alumno o que resolva as situacións plantexadas, partindo do Judo coma un xogo e baseando todo isto na competición, posto que cremos, seguindo a CECCHINI (1989,13), que no "Judo é imprescindíbel a competición, non entendida coma un obxectivo primordial, senón, coma un médio para o desenvolvemento do deporte", feito este que tamén destacan outros autores de diversos deportes coma VÁZQUEZ LAZO (1996) e USERO (1993) en Rugby, WEIN (1991) en Hockey, BLÁZQUEZ (1986) referíndose á iniciación dos deportes de equipo en xeral.

    Así pois as estratéxias metodolóxico-didácticas nesta etapa teñen unha triple vertente coma son:



    Todo esto fai necesario que se realice un especial fincapé no traballo de superación de conflictos psico-afectivos derivados do contacto para, coma xa comentamos, evitar interrupcións nas adquisicións dos alumnos.

3.1.2. Obxectivos da fase

    Os obxectivos primordiais desta fase están en relación directa cos da Educación Física de Base (ROMO e outros, 1994), . Así, obxectivos desta fase poderian ser:

  • Superar os problemas afectivos derivados do contacto.

  • Controlar eficazmente coordinacións globais e segmentarias.

  • Organizar o esquema corporal orientado no espacio.

  • Integrar esquemas básicos de movimentos.

  • Orientar a capacidade perceptiva do alumno (discriminación perceptiva e atención selectiva).

3.1.3. Contidos da fase

    Todos estes obxectivos anteriores poden parecer moi xerais, pero parécennos básicos de cara a que o prantexamento das fases seguintes sexa factíbel propolo coa metodoloxia de base anteriormente exposta, aínda que con pequenas modificacións en cada caso.

    A forma de traballo básico, e específico da loita, será o combate de xeonllos (BARBOT, 1988), en tríos, onde unha parella traballa e o outro seria o encargado entre outras cousas de "arbitrar". Con esto pretendemos integrar o regulamento (ainda que adaptado segundo o nível dos alumnos) coma un contido xeral dende os níveis máis iniciais do programa. Ademais, no combate de xeonllos establécese unha clara relación co Judo arriba, en canto aos desequilíbrios (podendo chegar incluso á acción-reacción reflexa nos anos finais), e co Judo chan en canto á continuidade das accións. Todo isto para evitar situacións de indecisión debido ao medo a ser proxectado. Consideramos ideal descobrir primeiro a naturaleza do chan para logo subir aos poucos na altura das execucións. Ademáis disto, pensamos que os combates de xeonllos facilitan a evolución cara outras manifestacións estratéxicas en función do espácio, xa que normalmente o debutante organiza toda a sua actividade motriz cara adiante (BARBOT,1988), véndose claramente dificultada pola postura dos corpos. Con isto, cremos que a evolución cara a organización da motricidade en sentido lateral ou incluso cara as próprias costas vese favorecida.

    Polo tanto, outros contidos básicos desta fase serían:

  • a postura defensiva no chan, de onde se explorarian as diversas formas de volteo, facilitándonos algúns deles incluso a progresión a MAE-UKEMI (caida rodada cara adiante).

  • a colocación do próprio peso, dentro das inmovilizacións prévio á práctica das técnicas específicas.

  • as posicións relativas co adversário, relacionado coa estructuración do Esquema Corporal no espácio

  • as caídas son necesárias a nível xeral, ainda que será principalmente na seguinte fase onde se traballarán nun nivel máis específico e coma culminación ás accións do contrário (proxeccións), polo que nesta fase poden ser combinadas con todo tipo de volteretas, reptacións, etc...

3.2. FASE 2: Fase Asociativa

    Nesta segunda fase, denominada por FITTS coma "fase asociativa" (citado por CECCHINI, 1989, 175), a aprendizaxe motriz vai mostrando un maior refinamento, perfeccionando o individuo a sua resposta, e polo tanto, aparecerá nel a necesidade de información máis precisa que lle permita esas accións motrices máis eficaces.

    LE BOULCH, pola sua parte (citado por CARRATALÁ, 1996, 43), afirma que "o profesor nesta fase, debe colaborar na elaboración, por parte do alumno, dunha representación mental do modelo a partir do que se vai a producir a remodelación das estructuras preexistentes". Sen negar a importancia destas representacións mentais do modelo, citadas anteriormente, nós creemos fundamentais na iniciación ó Judo, a representación mental de Esquemas Básicos de Acción, máis que de movimentos excesivamente tecnificados, faltos de plasticidade algunha.

    Según CECCHINI (1989, 66), en Judo, a partir do Esquema Corporal. "vaise elaborando en sucesivas etapas o Esquema Motor de Habilidades Técnicas, gracias a unha interrelación do atacante e o defensor que fixa no tempo e no espacio unha sucesiva série de experiéncias vividas, que internalizadas van formando a nosa própria conducta ou maneira de reaccionar perante un determinado problema. Este axuste é, polo tanto, un aspecto significativo da conducta e non pode confundirse cunha aprendizaxe postural de tipo mecánico".

    Polo tanto, "o judoca, a partir do seu propio esquema corporal, debe ir organizando o seu Esquema Motor de Habilidades Técnicas mediante a aprendizaxe de ensaios e erros axudado polo seu profesor (...)". Esto implica que é necesario primeiramente que descubra "o seu propio corpo, as súas próprias posibilidades no espácio partindo do equilibrio" (CECCHINI 1989, 67), isto era, precisamente, o que se tentaba acadar na etapa anterior. Un Esquema Organizado de Habilidades Técnicas supón, polo tanto, segundo (CECCHINI 1989, 68) "construir un número de elementos motrices compendiadores de situacións posibeis correlacionados". É polo tanto necesário partir dalgún elemento motriz, que irá aparecendo na nosa proposta de vagar a partir duns "esquemas fundamentais", aos que chamaremos "Esquemas Básicos de Habilidades Motrices", que faciliten a aprendizaxe de todas as accións con algunha similitude, adaptando os critérios propostos por SACRIPANTI (1990), KOLYCHKINE (1989) e DOPICO e IGLESIAS (1996) ás nosas necesidades e cunha secuenciación própria baseada no critério de evitar a aparición dos problemas psico-afectivos derivados do contacto.

3.2.1. Obxectivos da fase

    De todo o exposto derivaranse uns obxectivos fundamentais a desenvolver nesta segunda fase coma son:

  • Elaborar un Esquema Motor de Habilidades Técnicas a partir do descobrimento dos Esquemas Básicos de Habilidades Motrices.

  • Coñecer o desequilibrio próprio e do adversário en diferentes situacións.

  • Discriminar situacións e aplicar en cada unha delas o patrón motor (Esquema Motor de Habilidades Técnicas), axeitado (CASTARLENAS, 1990).

  • Adaptar a resposta motora (Esquema de Habilidades Técnicas), ás diferentes variacións de conducta do adversário (CASTARLENAS, 1990).

3.2.2. Contidos da fase

    Nesta fase xa se da unha clara diferéncia do judo chan ao judo pé, sendo fundamentais os contidos de desequilíbrios e acción-reacción (sobre todo a reflexa, ainda que aprendida podería aparecer nos derradeiros anos).

    As formas básicas de traballo seguen sendo en trios, ainda que agora podemos distinguir situacións distintas adaptando unha proposta de categorización de CASTARLENAS (1990), diferenciando así:

  • En conflicto delimitado: parcelamento de situación de loita total, na que os dous participantes poden sí realizar as accións determinadas, (un exemplo disto sería o YAKU-SOKU-GEIKO).

  • En conlicto total: situación real de competición ou RANDORI.

  • Estudio de accións motrices codificadas. Son as accións técnicas específicas de judo realizadas de forma illada (UCHI-KOMI).Debería ser o menos utilizado, xa que non responde o noso prantexamento de resposta motriz fronte a acción do adversário. Ainda que pode presentar certa utilidade na adquisición dos Esquemas Básicos de Habilidades Motrices.

    Os Esquemas Básicos de Habilidades Motrices a desenvolver nesta fase fan referéncia:

  • Nun primeiro momento ao Esquema Básico de accións de pernas sobre un apoio.

  • Nun segundo momento pasariase ao modelo de volteo sobre dous apoios.

Con isto tentamos, por un lado superar a incerteza que o espácio situado as costas produce no indivíduo (caídas cara atrás), facilitado ademáis polo feito de que normalmente a motricidade do debutante, como xa comentamos anteriormente, está estructurada nun espácio frontal (BARBOT, 1988). Por outra banda, tentamos evitar inicialmente a caida frontal, por considerar que esta é unha fonte importante de conflictos psico-afectivos.

    Así pois, as caidas tamén serán un contido esencial nesta fase, ainda que non se terán que traballar só de forma illada. Mesmo no RANDORI se os executantes realizan de forma controlada as técnicas, podemos traballar e practicar as diferentes caidas. Por exemplo, nas caidas cara atrás amortiguando TORI a caída de UKE co seu agarre, sen deixalo caer de súpeto; ou nas caidas cara adiante agarrándose UKE co brazo libre ás costas de TORI co que a velocidade na proxección non é máxima, ainda que a técnica fora desenvolvida normalmente.

    As diferentes posicións relativas e desprazamentos son contidos que deben estar presentes ao derivarse directamente dos desequilíbrios e dos Esquemas Básicos de Habilidades Motrices, sendo polo tanto, fundamentais á hora de explorar e establecer o próprio Esquema Motor de Habilidades Técnicas.

    En canto ao Judo chan, o plan é o mesmo, só que máis avanzado, posto que este xa foi un traballo desenvolvido amplamente de forma xeral na fase anterior. Así o desenvolvemento das técnicas básicas poderia ser xa indicado ao longo de toda a fase (desenvolvidas segundo as posicións relativas, zonas e tipos de control propostas por TROITIÑO e VÁZQUEZ, 1996), deixando para os anos finais (tal vez) unha presentación das luxacións básicas.

3.3. FASE 3: Fase de perfeccionamento

    Esta é a fase na que se culminará toda a aprendizaxe do judo, así, deberia ser a fase na que os rapaces adquiran un domínio de todo o espácio de acción á hora de desenvolver as suas accións motrices.

3.3.1. Obxectivos da fase

    O obxectivo principal desta fase é o de perfeccionar as aprendizaxes de judo acadadas ate este momento.

    Outros obxectivos secundários, ainda que non por iso menos importantes son:

  • Dominar todo o espácio de acción á hora de desenvolver as accións técnicas.

  • Integrar completamente o concepto de ACCIÓN - REACCIÓN.

3.3.2. Contidos da fase

    É por isto que xa se presentan as accións de sacrifício e se establece o perfeccionamento da ACCIÓN - REACCIÓN aprendida (a través dos encadenamentos). Así, nesta fase cobra maior importáncia a práctica en UCHI-KOMI para o perfeccionamento técnico, ainda que sen esquecer o traballo en base ao adversário.

    Os problemas de contacto deberian xa estar superados, poidéndose seguir entón, unha progresión normal na adquisición dos Esquemas Básicos de Habilidades Motrices e na práctica de cada unha das técnicas elexidas.

    No tocante ó Judo-chan poden presentarse as estrangulacións coma final do proceso.

    Queremos facer notar que en ningún momento da nosa exposición falamos de técnicas específicas a desenvolver nas fases correspondentes, as razóns diso son: por unha parte queremos facer resaltar a necesidade de que sexa o rapaz o que explore a motricidade e, por outra, a própria experiéncia dinos que nos procesos de iniciación ao judo cada profesional é partidário de secuenciar dunha ou doutra maneira as técnicas, se ben é certo que todos adoitan cumprir as especificacións dadas pola Federación (o que supón o paso de grao do aprendiz). Non obstante, o noso proxecto sáese da proposta normal de iniciación ao judo xa que, en primeiro lugar, non pretendemos a adquisición dun grande número de técnicas por parte dos nosos alunos (seria impensábel co tempo das clases de E.F.), e, en segundo, está o feito de que, ao ser a matéria de E.F. obrigatória, non podemos permitirnos que os nosos próprios alunos rexeiten a actividade, polo que o factor fundamental de progresión non será só a dificultade das técnicas, senón a seguridade, ou sensación que dela posuan os nosos alumnos.


Bibliografía

  • BARBOT, A. (1988). "Contenidos de enseñanza de los deportes de combate con agarre". En: R.E.F., nº 21. Ed: Ideasport. Barcelona.

  • BLÁZQUEZ, D. (1986). Iniciación a los deportes de equipo. Ed: Martínez Roca. Técnicas. Barcelona.

  • CARRATALÁ, V. (1996). Seminario de judo infantil. Federación Española de Judo y D.A. Madrid.

  • CASTARLENAS LLORENS, J. LL. (1990). "Deportes de combate y lucha: aproximación conceptual y pedagógica". En:Apunts de Educaciò Física i Esports, nº19. Barcelona.

  • CECCHINI, J. A. (1989). El Judo y su razón Kinantrolpológica. Ed: GH. Editores, Xixón (Asturies).

  • CHRISTINA & CORCOS.(1988)- Coaches guide to teachig sports skills. Ed: Human Kinetics Books. Champaign. Illinois.

  • DOPICO, J. e IGLESIAS, E. (1996). "Proposta de organización de los contenidos de enseñanza específicos de Judo" . En: Primer Seminario Nacional de Judo Infantil. Federación Española de Judo y D.A.

  • FERNÁNDEZ ALMODÓVAR, A. (1984). Judo Básico. Ed: Alhambra. Col: Deporte y Sociedad. Madrid.

  • GASPAR, V. M. (1977). Judo Junior: Cinturón blanco y cinturón amarillo. Ed: FHER. Bilbo.

  • IGLESIAS, E. (1996). Apuntes da asignatura de Mestría en Judo. I.N.E.F. de Galicia. Bastiagueiro (Oleiros. A Coruña). Traballo sen publicar.

  • KOLYCHKINE, A. (1989). Judo. Nueva Didáctica. Ed: Paidotribo. Barcelona.

  • MIRANDA, M. (1992). Apuntes do Curso Monográfico de Iniciación ó Rugby. I.N.E.F. de Galicia. Bastiagueiro (Oleiros. A Coruña). Traballo sen publicar.

  • ROMO, V. e outros (1994). Apuntes da asignatura de Educación Física de Base. I.N.E.F. de Galicia. Bastiagueiro (Oleiros. A Coruña). Traballo sen publicar.

  • ROQUETTE, J. (1994). "Sistematizaçao e Análise das Técnicas de Controlo das Quedas no Judo ‘Ukemis’". En: LUDENS, VOL.14, nº2, Abr-Jun. (pp. 45-53).

  • SACRIPANTI, A. (1990). "Biomecánica degli stili di lotta". En: Rivista di Cultura Sportiva. Scuola dello Sport, nº 20, Out-Dec.

  • SALGADO LÓPEZ, J. I. e outros (1994). "Problemas psicoafectivos derivados do contacto. O medo ó Contacto. Sesión Práctica". Traballo sen pubricar presentado á asignatura de Educación Física de Base. Curso 1993-94. I.N.E.F. de Galicia. Bastiagueiro (Oleiros. A Coruña).

  • TROITIÑO GUERRERO e VÁZQUEZ LAZO (1996). "Judo: Proceso de enseñanza-aprendizaje de las inmovilizaciones". En: R.E.F., nº 62. Ed: Boidecanto. A Coruña.

  • USERO MARTÍN, F. (1993). Rugby. Entrenamiento y Juego. Ed: Campomanes. Col: Deporte. Madrid.

  • VARIOS (1991). Apuntes de Expresión Corporal do Curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre. Escola de Tempo Libre "Don Bosco". Monforte de Lemos. Traballo sen publicar.

  • WEIN, H. (1991). Hockey. Ed: COE-R.Fed. Española de Hockey. Col: Los Deportes Olímpicos. Madrid.


| Inicio |


Otros artículos sobre
Psicología | Deportes de combate

  www.efdeportes.com/
http://www.efdeportes.com/ · FreeFind
   

revista digital · Año 7 · N° 38 | Buenos Aires, Julio de 2001  
© 1997-2001 Derechos reservados